filmov
tv
Xente fanada - María Fumaça

Показать описание
Canción incluída no libro-disco "O veleiro verde", de María Fumaça (Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2019)
Xa está aquí María Fumaça!!
O veleiro verde non é un disco calquera. É unha explosión de cor, un lóstrego de esperanza, unha greta pola que se coa o optimismo dando chimpos de alegría. A mensaxe é clara: temos azos para afrontar a travesía do futuro. O veleiro verde de María Fumaça é moito máis que un veleiro. É un transformador de enerxía. Proba a subir nel e verás como podes cambiar o mundo, desafiar a lei da gravidade e voar a outros universos, onde poder recomezar e habitar un espazo máis leve, máis lúdico e máis humano.
Soltamos amarras, despregamos velas e iniciamos a travesía máis fascinante polo mar da liberdade co capitán Ruí e a extensa familia María Fumaça. Desta volta botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios, con toda a enerxía, con máis flow, ventos, metais, rock rebelde, co noso “ruiguetón”, e funk, sen esquecer o tradicional, marca da casa.
Letra e música: Chus Domínguez
Protagonistas:
Rato Pérez: Andrés Giráldez
Neno fanado: André Ces
Video dirixido por Olih Conde (Oliconh)
Stop Motion por Breogán Sousa e María Selgas
Letra:
“Xente fanada”
Levaba tempo con preocupación.
Todos da clase mudaron os dentes.
Movo e abaneo e non hai solución.
Hoxe por fin estou de sorte porque…
Estou fanada e non pasa nada.
Hoxe non puiden comer case nada.
Caeume un dente, así , de repente,
e o rato Pérez algo traerá
para deixar na almofada.
Estou fanado e moi amolado.
Non fago máis que mirar para outro lado,
e mentres falo escápase o aire
e ao sorrir rinse de min.
Ide parando con iso!
A miña nai senta ao meu carón e di así:
“Mira estas fotos de amigas e amigos aquí,
tan pequerrechas e tan felices, que ves?
Un gran baleiro na boca!”
Nadal, Madonna e Maradona,
Gayoso, Uxía, Rosalía,
Pedro Navaja, Goya e a Maja,
e o fanao que dicía cuñao
tiveron dentes de leite.
A Bela Otero, Abel Caballero,
Vampiro Vladimir, Marilyn,
Batman, Shin Chan, Donald Trump,
Carlota, André, Paulo, Mauro e Ruí,
caéronlles os dentes de leite.

e ao rato Pérez algo traerá