📡 Pleno ordinario do 23 de xuño de 2022

preview_player
Показать описание

ORDE DO DÍA
Pleno ordinario 23-xuño-2022

1. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións ordinaria e extraordinaria do día 27 de maio de 2022.

A) Parte resolutiva:

2. Aprobación da Conta Xeral da Deputación correspondente ó exercicio 2021 (Exptes. 2022023869 - 2022006016).

3. Delegación de competencias do Concello de Silleda na Deputación para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva de todos os recursos de dereito público (Exptes. 2022042055 – 2022021462).

4. Aprobación inicial do expediente de suplemento de créditos número 1/2022 da Escola Universitaria de Enfermería (Exptes. 2022041842 – 2022038436).

5. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos número 3/2022 (Exptes. 2022042464 – 2022041391).

6. Aprobación do proxecto reformulado na subvención nominativa concedida ao Concello de Ponte Caldelas tramitada no marco do Plan Concellos 2021-Liña 1 para o investimento “Ensanche de viario municipal en Tourón, Ponte Caldelas. Tramo 3º” (Expte. 2021055821).

7. Cambio de titularidade e posterior entrega ao Concello de Sanxenxo de tres treitos das seguintes estradas provinciais: EP-9203 Padriñán-A Laxe, EP-9202 Nanín–Igrexa de Bordóns, EP-9208 Noalla-Aios (Expte. 2020040168).

8. Cambio de titularidade e posterior entrega ao Concello de Covelo do treito final da EP-5105 Maceira-A Graña, dende o PQ 11+350 ata o PQ 11+411 (Expte. 2022037984).

9. Aprobación inicial do proxecto “Mellora da seguranza viaria e mobilidade peonil na EP-0104 ramal Igrexa de Figueirido (Vilaboa)”. Exposición pública deste e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra e de urxente ocupación (Expte. 2022012878).

10. Aprobación definitiva do proxecto construtivo das obras de “Mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-6005 Prado-Bodaño, do PQ 0+000 ao PQ 0+573, no Concello de Lalín” e do expediente de expropiación (Expte. 2021018624).

11. Corrección de erro no acordo adoptado en sesión plenaria do día 27-05-2022 (Núm. 3.7795) que afecta á primeira prórroga do contrato do servizo de limpeza nos centros e servizos da Deputación (Exptes. 2022042083 – 2022035707 - 2018058000).

12. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para reclamar ao Goberno de España a posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar e inspeccionar os restos do buque afundido Vila de Pitanxo (Expte. 2022042639).

13. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre o novo mapa concesional de autobuses do Goberno central (Expte. 2022042638).

14. Asuntos fóra da orde do día.

B) Parte de información e control:

15. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de maio de 2022 (Exptes. 2022042047 - 2022040920).

16. Dar conta do Plan anual de control financeiro e auditoría da Deputación de Pontevedra a desenvolver durante o ano 2022 (Exptes. 2022042304 – 2022031966).

17. Dar conta da aprobación do Plan de Acción Provincial 2022 derivado das propostas e recomendacións referidas no informe resumo da Intervención dos resultados do control interno 2021 (Exptes. 2022042305 – 2022038018).

18. Dar conta das Resolucións Presidenciais.

19. Rogos e preguntas.
Рекомендации по теме
welcome to shbcf.ru