📡 Pleno ordinario do 21 de decembro de 2022

preview_player
Показать описание

ORDE DO DÍA
1. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do 25 de
novembro de 2022.

A) Parte resolutiva:

2. Delegación de competencias do Concello de Forcarei na Deputación, para
desenvolver as facultades de comprobación e inspección así como a
liquidación e recadación de diversos tributos municipais (Exptes. 2022072735-
2022069237).

3. Aprobación inicial do regulamento de funcionamento interno do Comité de
Seguridade e Saúde da Deputación (Exptes. 2022072625-2022069347).

4. Aprobación inicial do expediente de cesión gratuíta ao Concello de Poio do
inmoble “Casa de Combarro” para instalar un centro de promoción turística
e do patrimonio histórico cultural municipal (Exptes. 2022072630-
2020054803).

5. Aprobación de Convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e
esta Deputación para a cesión do recinto conventual e templo denominado
Convento de Santa Clara á Deputación para a súa incorporación ao Museo de
Pontevedra e a súa rehabilitación con destino a fins museísticos
compatibilizados coa apertura ao público do bosque e da horta e parte dos
espazos non edificados (Exptes. 2022073845-2022068772).

6. Aprobación do Convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e
a Deputación para levar a cabo as obras de renovación da iluminación pública
no centro urbano de Pontevedra (zona Sur) (Expte. 2022072616).

7. Aprobación do proxecto modificado da actuación “Reforma da Casa da
Xuventude de Forcarei para usos múltiples” presentado polo Concello de
Forcarei ao abeiro do Programa Reacpon (Expte. 2021039333).

8. Aprobación do proxecto reformulado da actuación “Reforma e ampliación da
Biblioteca municipal Torrente Ballester de Bueu” presentado polo Concello
de Bueu ao abeiro do Programa Reacpon (Expte. 2021040028).

9. Aprobación do cambio de titularidade e posterior entrega ao Concello de
Salvaterra de Miño de dous treitos antigos, na EP-4006 Ponteareas – As Neves
e na EP-4102 Leirado – Lira (Expte. 2021006072).

10. Aprobación do cambio de titularidade e posterior entrega ao Concello de
Arbo de dous treitos finais, na EP-5202 e na EP-5203, e de dous treitos
antigos na EP-5003 (Expte. 2020023048).

11. Aprobación do cambio de titularidade e posterior entrega ao Concello de
Gondomar dos treitos iniciais da EP-2301 Gondomar – Peitieiros e da EP-
2302 Gondomar – Chaín – Morgadáns (Expte. 2020047931).

12. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para aprobar unha liña
de axudas para vestiario e instrumentos das Asociacións Culturais da provincia
(Expte. 2022073756).

13. Asuntos fóra da orde do día.

B) Parte de información e control:

14. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a
provedores correspondente ó mes de novembro de 2022 (Exptes.
2022072633-2022072291).

15. Dar conta da Resolución Presidencial de data 16 de novembro de 2022 (núm.
rexistro 2022008159) declarando a emerxencia na tramitación do
procedemento de contratación da obra “Reparación obra de paso na EP-0302
Berducido–A Laxe–Eiroa, PQ 3+204 (A Lama)” (Exptes. 2022072650-
2022067579).

16. Dar conta da Resolución Presidencial de data 29 de novembro de 2022 (núm.
Rexistro 2022008602) declarando a emerxencia na tramitación do
procedemento de contratación da obra “Reparación de noiro na EP-0407
Borela – Ponte Caldelas, PQ 7+800 (Concello de Ponte Caldelas)” (Exptes.-
2022072651-2022070540).

17. Dar conta da Resolución Presidencial de data 13 de decembro de 2022 (núm.
Rexistro 2022008849) declarando a emerxencia na tramitación do
procedemento de contratación da obra “Reparación de noiro na EP-2705
Pazos de Borbén, no PQ 1+695 MD (Exptes. 2022073601-2022071489).

18. Dar conta das Resolucións Presidenciais.

19. Rogos e preguntas.
Рекомендации по теме