SES - CO XENIO DESTROZADO

preview_player
Показать описание
"CO XENIO DESTROZADO" O NOVO ALBUM DE SÉS

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011
'Admirando a condición', o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.
Рекомендации по теме
Комментарии
Автор

Ses e a hostia. Que orghullo de muller galega. Que siga asi. En Teixeiro queremoste

brunomosquera
Автор

Triunfará si sigue la línea de Co Xenio Destrozado, es un gran tema, y se revela como una gran interprete con carisma. He escuchado otras canciones suyas y no me ha impresionado lo mismo que con esta.

charliepujol
Автор

Cada vez que "se me olvida" quen son veño aquí 🙌

tamarasl
Автор

graciñas
polo concerto, foi fermoso e inspirador, queríate da-las grazas por
compoñer en galego, xa eran horas. Cando meu Alberto naceu, eu que son
castelan falante, para durmilo cantaballe en galego e a unica cancion
que sabia era a Rianxeira mais, coma non son creinte, rechinabe moito,
por iso, cando escoitei con tambores de mar e voz de terra, chorei de
emoción, semente de vencer tamén faime cantar, recuperei a ledicia de
vivir.GRAZAS.

yolandamalvar
Автор

Imaxinación, forza, espíritu libre, profundidade de pensamento, visión persoal, sen estereotipos... Canto tempo sen verte, creatividade valente! Noraboa pola música ós músicos, polo vídeo ós autores e polo demais a SES!

xaviercastro
Автор

Idioma galego muito lindo, eu quero aprender, é muito parecido com o português.

danieldasilvacampossilvaca
Автор

Gústame, ela ten moita personalidade, e tanto o tema como o videoclip están bastante ben producidos. Noraboa :)

GalicianBanshee
Автор

NIVEL DIEZ en transmitir con un mensaje un baile una sonrisa un sentimiento unico gallego... es mejor que el polvo a mugardesa cun barrantes :D GENIAL.

lika
Автор

oído por la radio (en directo), me he acordado de ti. :-)

ElaHuguet
Автор

me encanta su compromiso y su registro de voz, pero tiene que renovar los videos.

mariagato
Автор

Grazas Ses quen sexa que faga esta música...alento

mariajosearaujoledo
Автор

Voz de estrela e parece que non o ten creido. Un descubremento de Sole

camilogrilla
Автор

encantame esta xente, non son máis bos porque coido que xa non se pode. I a nena canta que morres do ben que o fai.

diegof.g
Автор

Parece que isto está moi morto 
que non habita en min ninguén 
que me mirou de lado un torto 
que superei os límites 
que mañá non o hei ver distinto 
nin direi outra vez será 
que nin che importa nin che minto 
e se me mintes éme igual. 
Unha vez quixen sen motivos 
Sen a menor das condicións 
Coa independencia dos esquivos 
e a lealdade das lexións 
supediteime e soltei lastre 
e vinme a cen metros de min 
e superei aquel desastre 
pero ante todo comprendín. 

Que eu nin podo nin quero nin debo 
volverme fiar 
Da cultura da media verdade, da estafa 
legal. 

Que eu xa corto e deserto e me aparto de 
toda moral 
que aprendín moito máis cuestionando o 
saber popular. 

E xa virán tempos mellores 
Que non choviu sen escampar 
E só tes risas se tes dores 
E non hai loita que librar 
Que sempre houbo ricos e pobres 
E as pulgas a can fraco van 
Que a moito ruído, poucas noces 
E onde hai fume o lume está. 

E hai que gardar sempre das risas 
Que non se mama sen chorar 
Que non se pode estar na misa 
E ir para fóra repicar 
Que o tolo vai onde van todos 
Vicente vai no pack tamén 
E sempre andamos un por outro 
E a puta casa sen varrer. 

Que as nenas xogan con bonecas 
E os rapaciños con balón 
E a min sacábamas da caixa 
O meu veciño Juan Ramón 
Que o ateísmo é satanismo 
Porque algo máis terá que haber 
E viva o individualismo 
e o santo cu de cada quen. 
Que os homes son coma o bo viño 
Que sempre tende a ir a mellor 
E eu coñezo algún pobriño 
Que xa onde vai que se picou. 
E que se os extremos son malos 
E as medias tintas son xeniais 
E eu co xenio destrozado 
E eles a destrozarmo máis

rubenbotana
Автор

Os extremos son moi malos e as medias tintas son xeniais (8)

xosequintans
Автор

Me cajo en dior muller..!!.fas ti mais pola dignidade, cultura, música, feminismo.. etc.deixen de ser choucha )aljo menos grazas a tua valentia .

mariajosearaujoledo