filmov
tv
Dios Ke Te Crew | Reinicio

Показать описание
'REINICIO' Novo videoclip de DIOS KE TE CREW
Activa os subtítulos: Galego, Castelán ou Inglés.
O recaudado polo vídeo desta canción en youtube e pola propia canción nas diferentes plataformas de streaming (Spotify, Itunes, Deezer, GoogleMusic, Amazon, etc..) será doado á plataforma cidadá REDE COMPOSTELA ULLA-TAMBRE, da que forman parte os seguintes colectivos e organizacións activistas:
Salvemos a Comarca de Ordes
Asoc Vertedoiro Lesta Non
Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
Mina Touro - O Pino NON
Salvemos as fragas de Catasós
Plataforma Pola Recuperacion Do Sar
Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela - Miramontes
Plataforma Afectados Destilería Rois
* Se queres colaborar coa doazón dálle a play, subscríbete a esta canle de youtube e comparte.
--------------------------------------------------------------------
CRÉDITOS Música:
Música: Mou
Letras e voces: Sokram, Jamas e Mou.
Scratches: Padre Murdock
Guitarras: Santino
Gravado e mesturado por Dios Ke Te Crew en Rapapoulo Estudios, Ordes.
Mastering: Cem Oral ( Jamming Masters Studios, Berlín.)
CRÉDITOS Video:
Dirixido por Xaime Miranda.
Direción de Fotografía: Iago Vilariño
Edición: Antón Miranda e Xaime Miranda
Operador de Drone: Pedro Álvarez
Pirotecnia: Manuel Miranda
Aparecen:
Claudia Méndez, Xoel Méndez, Mario Carreira, Samuel González, Malena Méndez, Bruno Llano, Víctor Aguilar, Pavel Takushev, Tita Blanco, Pepe Fernández, Darío Méndez, Antonio Méndez, Meri Méndez, Marisé Méndez, Noa Arias, Xurxo Arias, Silvia López, A.L. Crego, Lidia Cao, Gabriel Villaverde, Cardamo, Claudia Moar, Miguel Ruíz (Sekone)
Agradecementos:
Concello de Negueira de Muñíz, Concello de A Fonsagrada, Casa Tita Vilarello, Casa Sara de Negueira, Familia Costoya Garea de Ledoira, Carlos López López, Conxunto Etnográfico de Mazonovo, Bodegas Panchín, Amparo Linares
Máis info:
LETRA / Versión orixinal (Galego)
Ocupar o muíño, foder cos pés no río,
non pagar un puto peso a Fenosa sen pasar frío,
cos meus paneis solares, mailo chan radiante,
quentado polo lume da lareira, sonche independente.
Apaño a leña no monte, que é colectivo,
así non prende lume no verán, traballo por servido...
O ano pasado, entre tódolos veciños,
montamos un muíño de vento que cubre o consumido.
E ocupámola casa do cura maila igrexa,
agora a Casa da Cultura, maila envexa
de calquera sala de concertos que se precie, acústica de altura,
"Abaixo a Dentadura" *, ás veces tocan Dios Ke Te Crew, se queres vir apura!
Temos Wifi guapa de gratis para toda a parroquia,
eu teño un estilazo que flipas apañando patacas,
nesta horta tamos fartos, moitas hostias,
somos unha aldea insurxente, e somos moitas!
Hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás..
Hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás.

Mellor volver ás cavernas que non parar de medrar...
Seguro que ves a esta aldea e xa non volves á cidade,
aquí somos unha comunidade de verdade,
sen estrés..., que logo derive en ansiedade,
cos pés na terra en busca da felicidade.
Temos colleitas, de todo canto imaxinas,
verduras, froitas, hortalizas, índica e sativa,
tamén temos animais de cría, aquí sobra a comida,
porcos, pitas, polbos... como animais de compañía.
Polos de présa como raptors,
sempre en alerta por se veñen os estraños,
sáltanche un ollo da cara e quedas torto como hai Dios,
se queren vir por nós ao mellor saen trasquilados.
Xeramos enerxía limpa cen por cen da casa,
a cinética é unha das nosa mellores bazas;
con pedalear dez minutos, cada notas, cada día,
sóbrannos Xulios para cargar as baterías.

Nesta aldea imos de vagar, no lagar,
unha adega que non paran de gabar os veciños,
destas cepas nais saen algúns dos mellores viños,
esquece eses brebaxes infestados de sulfitos.
O detective de Monsanto non entra aquí,
soltámoslle ós velociraptors, pobre infeliz,
o noso pozo de purín alimenta ó tractor,
gas metano, puro zudre, vai mellor que o vapor!
No Centro Médico o doutor traballa ca nosa menciñeira,
se entre os dous non ven solución aínda che queda ver á meiga,
entras tolleito, en silla de rodas, saes correndo cunhas cebolas
de agasallo por portarte ben, como se porta a señora!
Meigas fóra? Non!! Santas da nosa devoción,
a sabedoría milenaria sobreviviu á Inquisición,
nesta aldea convocámola ao redor da luminaria,
bendita insurrección, benvidas á nova Galia!

Комментарии