👗👚 CAMARIÑAS | A Mostra do ENCAIXE regresa pisando forte!

preview_player
Показать описание
#Galicia #galego #TVG #G24 #G24noticias #G24gal

Tras trinta anos, a Mostra de Encaixe de Camariñas número 31 reinvéntase como nos conta Dolores Lema, directora da mostra.

A innovación chega da man dun espazo de gastronomía renovado e das coleccións de anos anteriores que se mostrarán a partir de mañá no novo espazo Reencáixame. Para abrir boca, tras a inauguración coa presenza da vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, tocoulles a quenda aos desfiles tradicionais Pequencaixe e Grandes Deseñadores.

A mostra quere crear máis canteira e ensinarlles as posibilidades do encaixe ás novas deseñadoras, explícanos Beatriz Dios, profesora de encaixe: "Antigamente eran mantelerías, cousas do enxoval pero agora é todo roupa, logo o que lles chama a atención é facer o desfile e cando están facendo a puntilla xa están imaxinando onde a van poñer. Futuras deseñadoras hai un montón en Camariñas"

Ao tempo, buscan que para as veteranas palillar sexa un pasatempo, máis ca unha profesión. Nuca, por exemplo, palilleira desde pequena, di que non sabería estar sen palillar.

Firmas destacadas do mundo da moda como Modesto Lomba, Dolores Cortés ou Ana Cabrano xa encontraron inspiración para as súas coleccións no encaixe de Camariñas.
Рекомендации по теме
welcome to shbcf.ru