Televisión Manipulación - Os Desviaos

preview_player
Показать описание
Os Desviaos son un grupo que ten o seu local de ensaio na aldea de Vilasouto no concello do Incio. O grupo naceu no ano 2014.

O grupo Os Desviaos o compoñen:
Xabi: voz
Álbaro: baixo, gaita
Manolo: guitarra
Miguel: guitarra
Sangil: batería

Os Desviaos entenden que a música ten que ser unha ferramenta para a creación dunha sociedade galega máis xusta, onde desaparezan as desigualdades socias, as discriminacións e se respecten o noso idioma e as nosas tradicións.

O disco chámase “A Monte” foi gravado na ano 2016 nos Estudos a Palleira en Vilasouto. Chámase “A Monte”, por que así é como pensan que está o Noso País, mais por outra banda é tamén como se senten: “A Monte”, ou sexa, ceibes, sen domesticar.

TELEVISIÓN MANIPULACIÓN

Vou facer unha canción
pero unha canción protesta
que non fale da política
pra que ma pinchen na galega

Vou facer unha canción
pero unha canción...

E que fale de amor, dos galegos por esta terra
E que fale dos seus montes, que mil ríos atravesan
E que fale dos seus pobos, da cultura que conservan
E que fale do idioma, no que eu canto estas verbas
E que fale dos caciques

Non dou feito unha canción
pero unha canción protesta
que non fale de política
pra que ma pinchen na galega

Non dou feito unha canción
pero unha canción...

Os montes queimados, unha e outra vez
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
Os ríos contaminados, diso nada se ve
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
Os pobos acabados, e en todos o PP
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
A cultura galega, na telegaita que?
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
As verbas nas que eu canto, na escola en inglés
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN

Non dou feito unha canción
unha canción protesta
que non fale de política
O CARALLO A GALEGA!

Non dou feito unha canción
unha canción...

Despois de todo isto, o mellor para o final
Os nosos gobernantes, dos que nunca falan mal
Lideres de audiencia, no telexornal
FRAGA, FEIJOO, GOEBBELS na TVG
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
TELEVISIÓN MANIPULACIÓN
Рекомендации по теме
welcome to shbcf.ru