O Cruceiro de San Xurxo de Moeche

preview_player
Показать описание
O fermoso cruceiro de San Xurxo de Moeche foi levantado a comezos do século XX en pedra de toelo polo canteiro local Antonio Rodríguez. En 1917 a revista da emigración cubana "O Eco de Galicia", publicou unha fotografía na que aparece o propietario da casa ao pé do cruceiro, Faustino Fernández. Josefa Rego Parada cóntanos a historia desta fotografía.

"Fotos con Historia de Moeche”, é unha iniciativa que agroma a partires do curso de “Fotografía dixital co móbil” realizado na Aula TIC do Concello de Moeche, dende marzo ata maio de 2020 en plena pandemia do coronavirus.
“Fotos con Historia de Moeche”, é unha viaxe no tempo, na procura de vivencias e sentimentos agochados nas vellas fotografías que viaxan ata o presente. Todas elas relatan pequenas historias individuais, mais tamén axudan a conformar a historia da paisaxe humana de Moeche no devalar do tempo.
Neste curso as persoas participantes aprenderon conceptos básicos de fotografía, dixitalizar fotos antigas, retratar o presente, gravar audios contando a historia e a compartir fotos e audios por whatsapp.

#fotosconhistoriademoeche
Рекомендации по теме