Luar Na Lubre - Cantar de Romasanta

preview_player
Показать описание
Presentación de Ribeira Sacra no Teatro Principal de Ourense (Xuño 2018)

A historia de Manuel Blanco Romasanta (Regueiro, Esgos 1809 – Ceuta 1863), coñecido como o home lobo de Allariz porque alí foi xulgado, deixou pegada na historia da comarca. Manuel Blanco foi axuizado polos nove asasinatos, cometidos entre 1846 e 1851, das irmás Xosefa, Manuel e Benita García Blanco e Antonia Rúa Caneiro e os seus fillos respectivos. Condenado a garrote vil, a Raíña Isabel II indultouno e cumpriu cadea perpetua en Ceuta. O caso tivo gran repercusión internacional ao confesar o propio Manuel Blanco que matara as vítimas convertido en lobo. Esta letra foi feita por Félix e Cástor Castro Vicente, inspirada nun antigo prego de cordel sobre o caso.

Colaboracións:
Nani García– TECLADOS
Marisa Valle Roso – VOZ
Félix Castro Vicente – CONCERTINACastor Castro Vicente – FRAUTA

Letra:
Felix e Castor Castro Vicente.

Veñan novos e mais vellos
esta historia a escoitar
do máis grande criminal
que coñeceron os tempos.

O lobishome de Esgos
que en Allariz foi xulgado
polos nove asasinatos,
das irmás García Blanco,
Antonia en Rebordechao
E cinco infantes coitados

Manuel Blanco Romasanta,
tendeiro de profesión,
sen chisco de compasión
as súas vítimas mataba.

Dicíalles que as levaba
a servir a Santander
e que así poderían ter
unha vida regalada.

A San Mamede marchaban
e non se volvían ver.

Na aldea Castro de Laza
xa faltaba tanta xente
que comezou a dicirse
que era o Manuel que as mataba;
e o unto que lles quitaba
nas boticas foi vendido.

Ao asasino fuxido
apresárono en Toledo,
xa non meterá máis medo!
xulgaranse os seus delitos.

Axiña confesaría
que por culpa dunha fada
que o seu mal pai lle botara
en lobo se convertía.

E coas gadoupas abría
das vítimas as entrañas,
a súa carne devoraba,
e as roupas logo as vendía
dende Ourense ata Boticas
coa tenda que comerciaba.

Todo o mundo horrorizado
non dá creto ao que lle escoita,
non se fala doutra cousa,
grande sona toma o caso.

O Manuel foi indultado
de morte en garrote vil.
Preso en Ceuta o seu fin
morreu dun cancro terrible.
Deus castigou os ruíns crimes
do home lobo de Allariz.
Рекомендации по теме
Комментарии
Автор

Escuchar a esta cantante AsturianaMarisa Valle es como escuchar al cielo, que voz!!!

rubenmenendezsanturio
Автор

Cuanto más la escucho más me gusta. Voz de angel

jesusfernandezcasto
Автор

Yo como gallega..amo esta canción, es un ícono.. esta canción es así, a dos voces con ese arreglo. Luar na lubre es maravilloso.. Díana Navarro tiene un color de voz precioso pero..abusa mucho del vibrato y suena vibrato caprino.. si puliera eso sería un lujo!

lilianvazquez
Автор

La historia de Romasanta, el hombre lobo que asesinó teóricamente a 9 mujeres, cuyos cadáveres nunca fueron encontrados, cantada en forma de romance. Muy interesante y bello.

MilagrosASaenz
Автор

Impresionante!!!! Non a escoitara nunca e agora non paro de escoitala

MarinaCajusoBarbazán-io
Автор

0:23 Preciosa canción, con una maravillosa voz, acompañada de un excelente arreglo instrumental. ❤

josemoreirocaballero
Автор

Lo mejor de esta canción es que está basada en una historia real, la del asesino en serie Manuel Blanco Romasanta, alías "o homme lobo d'Allariz" .
Este asesino apenas ni llegaba al 1'40 de estatura sin embargo fue muy capaz de cometer unos brutales asesinatos.
En la actualidad se cree que esta persona estaba afectada por el peligroso hongo del cornezuelo del centeno. Sólo así se puede explicar tantísima violencia.
Al Manuel le condenaron a morir en"garrote vil", el método de ejecución español vigente en aquella época... Hasta que un científico francés intervino y solicitó permiso a nuestra reina, Isabel II, para estudiar "a os lobishomes"(hombres lobos). Nuestra monarca dió permiso al psiquiatra para estudiar al asesino más cruel y popular de la historia de toda Europa en aquel tiempo.
Manuel se libró de la pena de muerte ...sin embargo 'morreu d'un cancro terrible' (cáncer terrible).
Pues eso mismo... que murió entre horribles sufrimientos en un tiempo en el cual no existía la medicina paliativa para los inhumanos dolores del cáncer.
Y otra cosa... sus víctimas están, siguen todavía por los montes de El Bierzo (León), pues la mayoría jamás se encontraron. Evidentemente, buena parte de los restos fueron víctimas de lobos, osos, zorros...y otros animales depredadores. Supongo que aun así pequeñas partes de los restos cadavéricos siguen por aquí, x El Bierzo.
El autor de la famosa novela francesa "El Perfume" se basó en estos terribles hechos y logró un éxito que llega hasta nuestros días.

anamariacarballo
Автор

Para poner los pelos de punta. Soberbia canción, perfectamente interpretada. Bravo 👏 👏 👏

oscargarciamiguel
Автор

Essa tipo de música é a que originou a Literatura de Cordel, do nosso AMADO

miguelangelantoniogonzalez
Автор

Un galego de verin, la escucho cada dia desde hace mucho tiempo la mejor cancion del mundo❤❤❤❤

davidfreitasmatias
Автор

Escucharte, es un, honor, y verte un placer, los puentes de alcántara, cobran vida, al, escucharte, de un chico de carabanchel, a la diosa, afrodita, primera del noventa y nueve, sed buenos, sed fuertes, los que te adorando, te abrazan, diosa.

luisetexj
Автор

A expressão mais profunda das tradições do cancioneiro galego e norte de Portugal

joselitomiranda-editoraartner
Автор

Gracias Luar Na Lubre. Desde Argentina!

rodrigodominguez
Автор

Fermosisima lingua galega, moi facil para un brasileño. Viva Espanha, Galicia, Asturias, Euskadi, Andalucia e Catalunya!

metalnordeste
Автор

Luar na lubre, saludos desde Ecuador.

rhaegartcorozolastre
Автор

Preciosidad entera para la cantante la canción y los músicos. Gracias

juannitonunez
Автор

Hace 3 años empecé a escuchar esa canción y la sigo escuchando en pleno 2021

josebautistacaceres
Автор

Hi from Turkey. Absolutely beautiful . I am big fan of luar na lubre. and have been following this wonderful music group for a long time. One day I am going to be in Galicia to listen to them live .

sercanakyol
Автор

Lindoooo.... Desde Portugal um grande abraço de fraternidade.

santar
Автор

Muito linda esta versão. A vocalista é excelente. Parabéns! Desde São Paulo...

PantherSelva
join shbcf.ru