Acto de ingreso de Roberto Verino na Real Academia Galega Belas Artes

preview_player
Показать описание
O deseñador de moda Roberto Verino pronunciou o pasado 18 de xuño de 2022, o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como académico numerario da Sección de Artes da Imaxe, titulado “Aportación da moda galega ao orgullo de país”. O acto celebrado no Auditorio de Verín, estivo organizado coa colaboración da Biblioteca do Concello de Verín e o Concello de Verín e foi presidido polo presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, e o discurso foi contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Artes da Imaxe, Xurxo Lobato.
Verín foi o lugar escollido para este acto de Ingreso, xa que forma parte da marca que creou o modisto en 1982. «Para min é moito máis que un concello. Verín forma parte do meu nome, da miña marca, da miña vida. É como ese compañeiro – que oxalá tivésemos todos – que percorre a vida ao teu lado» reflexionou o modisto en agradecemento ao seu pobo, que lle provoca «este sentimento de orgullo, de pertenza sincera que me acompaña e que entendín que tiña e teño que proxectar no mundo da moda».
O acto contou coa asistencia doutros académicos Real Academia Galega de Belas Artes e autoridades, como o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Alonso; o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; a deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; ademais doutros representantes da corporación como o tenente de alcalde, Diego Lourenzo; a segunda tenente de alcalde, Rosario Rodríguez; o concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo; a concelleira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente, Purificación Caldelas; o concelleiro de Deportes e Pedanías, José Luís Martín; e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza; así como a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o secretario xeral da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, José Ramón Justo; e a secretaria do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elvira Carregado.
O orgullo pola terra foi a temática ao redor da que xirou a disertación que ofreceu Manuel Roberto Mariño Fernández (Verín, 1945) a un auditorio repleto e emocionado ante o seu ingreso na RAGBA, institución á que agradeceu profundamente o recoñecemento. Tamén expresou a súa gratitude ao Concello de Verín por facilitar o enclave para este encontro máxico e especial na vila que o veu nacer e que se converteu no seu apelido profesional, Verino, sinal da súa marca e da súa vida bañada polas cores, rúas, luces e atardeceres do maxestoso Val de Monterrei. Por suposto, compartiu coa súa familia esta distinción e agradeceu o seu apoio desde os inicios, así como co seu equipo de traballo e amigos que o acompañaron neste longo camiño persoal e profesional, onde a perseveranza foi o credo e norma do seu traballo. «Desde o particular ao universal, este foi o leitmotiv do meu quefacer como deseñador» –puntualizou–.
De regreso ao sentimento de orgullo pola súa terra, Roberto Verino relatou ao auditorio como foi capaz de proxectalo no mundo da moda, cunha carreira marcada por «impregnar de pegadas recoñecibles a orixe de cada peza, o lugar onde se confeccionaba, marcando un camiño de identificación, de orixe, de revalorización da nosa terra», asegurou o deseñador.

Sen adiantarnos á historia, Roberto Verino narrou a súa infancia en Verín, lembrando as clases co mestre Xesús Taboada Chivite e as historias relatadas sobre o guerrilleiro Viriato, orixinario da vila, que fora quen de vencer ao exército romano da época, un personaxe no que Verino se viu reflectido ao longo da súa vida. «De aí ven a miña vocación, o empuxe e compromiso para facer fronte ás batallas máis atrevidas e a tentar levar adiante todos os meus propósitos na modo, no mundo da viticultura ou na miña vocación artística» –confesou–. E continuou relatando a súa xuventude, o paso polo bacharelato, as clases de Peritaxe Industrial en Ourense e as de francés con Madame Valentina, que foi o elemento catalizador doutro cambio de visión: “non tiña por que conformarme con estudar algo que non me gustaba”.
#RobertoVerino #Verín #RealAcademiadeBelasArtes #BibliotecadeVerin
Рекомендации по теме