A mestra Paulina foi unha nai para todas. (2/4)

preview_player
Показать описание
Paulina Sánchez Otero, coñecida como a Mestra Paulina, será a protagonista de diferentes actos de homenaxe e lembranza organizados dende a Concellería de Cultura co gallo da súa elección como Persoeira do Ano 2017.

Paulina Sánchez Otero (Redondela 1898/1971) foi mestra en diferentes localidades, entre elas en Redondela desenvolvendo un traballo que a faría merecedora da Medalla de Alfonso X El Sabio. Chega agora este recoñecemento póstumo que parte ademais das que foran as súas alumnas “As rapazas de Paulina” quen salientan o importante traballo pedagóxico realizado pola mestra nuns tempos escuros nos que moitos dos seus alumnos vivían situación difíciles económica e socialmente.

Unha muller que “educou a unha xeración de homes e mulleres que aínda lembran a súa persoa con nostalxia xa que foi quen de darlle algo de luz nun anos moi escuros, sementando o amor con maiúsculas pola cultura nos seus alumnos e no seu pobo”. E precisamente aproveitando as testemuñas de todos os que foran os seus alumnos xa se traballa na elaboración dun audiovisual que servirá para espallar a súa figura tamén entre os escolares.

Paulina Sánchez acadou a titulación na Normal de Pontevedra e durante un tempo tivo escola na rúa Isidoro Queimaliños con Carmiña Lago. Ensinou en Cedeira, Cesantes, Fofe, Budiño (Porriño), Moreira (Soutomaior) e Reboreda entre outras, pasando a maior parte da súa carreira en Ventosela (1952-1966). Tanto nestas escolas como na vila de Redondela impulsou numerosas actividades para nenas e nenos: teatros, ballets, recitais poéticos, zarzuelas…; sendo axudada por outras mestras como Esmeralda Cal e Carmiña Lago.

Paulina Sánchez segue así os pasos doutros veciños insignes homenaxeados en edicións anteriores como Casto Sampedro (2012), Alejandro Otero (2013), Rita Otero (2014) e Telmo Bernárdez (2015).
Рекомендации по теме