MAGÍN BLANCO: 'O meu país' (A nena e o grilo)

preview_player
Показать описание
"O meu país", canción de Magín Blanco, contida no disco-libro A nena e o grilo e cantada tamén por Uxía Xenlle.

Realizado por Xavier Valiño

Letra:

O meu país é tan pequeno
que cabe nos ollos dun neno.
O meu país nunca remata,
por iso non sae nos mapas.

O meu país ten ceo azul
e unha nube que o atravesa;
azul é o mar polo solpor
e de nubes as fronteiras.

E tamén ten un principiño
que vai e vén polos camiños,
tratando de recoñecer
o que ninguén é quen de ver.

O meu país ten homes sabios
que andan a contar estrelas,
e distintos abecedarios
para nomear cada unha delas.

E tamén ten un principiño
que veu dalgún outro planeta
a descifrarnos os segredos
que nós levamos nas maletas.

O meu país vai cheo de flores
agochadas na area da praia.
A miña rosa vai xunto a min,
vaia onde queira que eu vaia.
Рекомендации по теме