Ezetaerre - Non é verán de Estrella Damm - Videoclip

preview_player
Показать описание

Síguenos en:

Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios.
Letra por Garchu, Pirola e Petrowski.
Instrumental por Petrowski e Underclock.
Trompeta e guitarra por Alberto García.
Coros por Alicia Alonso, Marta Sánchez, Alberto García, Sara Marchena e o Leo de Matamá.
Sample: Boadicea (Enya, The Celts).

Agradecementos: Manolo Fan, Pedro Galbán, Brais Díaz e o Exército de Liberación Estival (sección Piñor).

Letra:

Despois de tanto frío xa tardaba este verán
E invaden a terriña eses turistas alemáns
Mollando a sardiña nun cacho de pan
Que aquí non se pide paella, paspán
Non son illas Caimán este grande paraíso
Aínda que o queiran converter noutro luxo para ricos
Cemento e pelotazo, tópicos tan típicos
Galiza tropical éche sitio distinto
Noite, lúa, estrelas sobre a area
Berrarlle a ese pavo que está a roncar na sesta
Perreo salvaxe co son das orquestras
Nin piche no mar, nin lume na foresta
Protesta! Que xa chega o trebón
Que non te pille vendo a televisión
Dá noxo o seu xogo de especulación
Outro desaloxo, outra okupación

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Balcóns e turistas moi ben non casan
Non sei se é un paxaro ou é un avión
Pronuncias Sangenjo con aires da Castellana?
Vas ir directiño a un gulag en Benidorm

Non é verán de Estrella Damm
É o verán da working class
Collimos forzas todo o ano
para expropiarlles o verán

Nós non imos a Cancún que a pasta non sobra
Toca traballar, nin cruceiros, nin tumbonas
Queremos que a Solana sexa pública pra todas
E se isto non se arranxa... Bomba!
Queda ti no iate, eu na praia ao atardecer
Nadando en San Amaro cun frío que corta a pel
Outro festival no que se pon a chover
E o cabrón do Antonio que non pensa aparecer
Non sei se son camareiro ou escravo
Tres meses de explotación e din que baixa o paro
Hoy no hay contrato
Soño dunha noite dun curro precario
Un partido cos colegas á luz do serán
E co son dunha canastra cunha rede de metal
Expropiaremos cada casa en primeira liña de mar
Fódete, Maluma, este é o tema do verán

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Loitar nesta vida pasando do drama
Fuxindo de guiris queimados ao sol
Que é iso que toma o calvo da Panorama?
¡No! ¡Azúcar no!

Retrouso

Espertamos da resaca cun tema de Georgie Dann
Aires de Caribe Mix entre as Ketchup e Chayanne
Unha sesta co Tour pegado ao ventilador
Que esta noite imos de esmorga como ingleses en Salou
Yo sí quiero montarme en tu velero
Poñer rumbo a Lampedusa e asaltar un patrulleiro
Pra vivir mediterraneamente
O mar é o cemiterio dunha Europa indiferente
Vente a construír outro verán
As festas libres de acoso xa non poden agardar
Non máis xentrificación, nin turismo colonial
Non máis curro veraniego, inestable e temporal
E Jordi Cruz a currar nun chiringuito
A tres euros á hora e sen dereito a finiquito
Primo, cadaquén na súa función
Tourist go home and refugees welcome

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Picantes coma os pementos de Padrón
Contemos historias pra rir a cachón
Manel Navarro, o teu tema é un mojón
2018, Ezetaerre a Eurovisión

Retrouso

#ezetaerre #noneverandeestrelladamm
Рекомендации по теме
Комментарии
Автор

Llevo 2 años fuera de Galicia y gracias a esta cancion vuelvo a ella por lo menos 4 minutos. Gracias chicos :)

pabloa
Автор

moltes gràcies per aquestes cançons, sou uns cracks!

julianacanetpe
Автор

Grupo recién descubierto. La primera vez que me hacen sentir un poco de conexión con Galicia. Tengo familia allí, pero no nos hacemos mucho... Saludos desde Catalunya.

Gràcies.

DeloiMoi
Автор

Enamorado de este grupo. Un abrazo fraternal desde Catalunya!

rexpublicano
Автор

Gràcies a la vostra mùsica vull aprendre gallec 😩😘

kurzeme
Автор

Joder, la llevo escuchando un montón de tiempo pensando que era un anuncio de Estrella Damm, menos mal que he llegado a ella de casualidad por aquí y me enterado del temazo que es

tumaket
Автор

Parabens rapaces! Encantoume este último tema! A seguir asi, sodes xeniais ♥♥🙌

heladoderretido
Автор

Quérovos Por Chile polo menos no meu barrio está sonando a tope como canción do inverno, xa andan preguntando quenes sodes e por que falades raro JAJAJAJA Galiza tropical, exemplo mundial!

Nerea
Автор

Canto máis a escoito máis me ghusta ❤️

Espero que non quede só na coña o de Eurovisión!

aitorcanedamartinez
Автор

Maravilla, 3 días escuchándola en bucle 👌
Saludos desde Albacete!

touchdownConfirmed
Автор

Un gallego nacido en Cataluña te dice que esto es una💣 viva o courel

davidraposomanuel
Автор

Orgulloso de estos chavales. Educan más estas canciones que muchos maestros

pablomirallesjauregi
Автор

Lo mejor que he escuchado en meses, joder.

valentinals
Автор

cuando un concierto en Madrid?? aquí hay gente que lo nombramos Sanxenxo!!! jaja Muy buenos! para mi los mejores en rap galego, aunque no estaría mal una canción con Rebelióm do inframundo jeje
Saludos desde Madrid!

madriterraneo
Автор

Os acabo de escuchar y ya me declaro muy fan.

MarkelCuena
Автор

2020...cuarentena...Saludos desde Ecuador.

byron_rkovazquez
Автор

Sen palabras so ...
❤️❤️❤️❤️❤️❤️
🏝⛱GALICIA TROPICAL 🏝⛱

pachu_k_
Автор

É moi bom tema. Se nom está sentenciado a ficar ligado a essa cerveja, animo-vos a mudar o estribilho e fazerdes um verdadeiro êxito musical galego.

alexandrecanom
Автор

Que ben soa este flow galego meus, duro con isto !

manuelrodriguez
Автор

Sodes o meyor grupo que coñezo de rap. É unha pena que non vos saquen na radio, vosos temas so o doble meyor dos que saen na radio

javierravina
welcome to shbcf.ru