filmov
tv
Rosalía de Castro - Negra sombra
Показать описание
Rosalía de Castro - Negra sombra
Publicado no libro "Follas novas" de 1880.
************************************
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min e en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
************************************
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX] e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
************************************
Música: French Fuse - Rain Fuse (Biblioteca de audio de Youtube)
************************************
#rosaliadecastro #negrasombra #youtubeiras #follasnovas #cumpriuseaxustiza #_rdc_2023