A INFANTILIZAÇOM DO ANIME | Evangelion e Shin-chan

preview_player
Показать описание
No vídeo de hoje trato, a raiz da nova página do Xabarín como se infantilizam sistematicamente todos os produtos do manganime. Pondo como exemplos as versons galegas de Evangelion e de Crayon Shin-Chan.

🌐REDES

-------------------------------------
🎵 CRÉDITOS DA MÚSICA

-------------------------------------
⌛ CAPÍTULOS
00:00 Apresentaçom
00:12 Evangelion e o Xabarín
01:56 Shin-chan como seinen
-------------------------------------
📼 VÍDEOS MENCIONADOS
-------------------------------------
O uso de todos os meios empregados neste vídeo está protegido pela doutrina de ''uso legítimo'' ou ''fair use'', em tanto persegue a crítica, paródia, comentário o ensino do tema em questom. Todo o material utilizado pertence aes sues respetives dones.
-------------------------------------
#youtubeiras #youtubeiros #youtubeires
Комментарии
Автор

O d'Evangelion penso qu'è por emití-lloł no seu dia no Xabarin.
O anime de Shin-chan, polla sua parte, realmente è màis suave cô manga, chegando atualmente a s'emitir contra as 16:30 (horàrio apto pra crianças); con todo, è uña sèrie con episòdios/segmentos (a meirande parte antigos) qu'obviamente non se deverian emitir nun horàrio infantil.

Afon
Автор

É curioso o caso de Shin-Chan porque, ata onde eu sei, foi vendida en case todos os países do mundo como serie infantil, ata o punto no que en varias dobraxes censuran moitas escenas que ocorren no anime orixinalmente. Por algunha razón no estado español, así en xeral, non ocorreu isto e foi igualmente emitido como se fose para crianzas. Ata o mangaka non entendía como podía ser tan popular aquí cando foi a Barcelona.

pialfa
Автор

O tema da infantilización da animación como medio é unha cousa, como se diría. O de Shin-chan acábame de pillar por banda, aínda que entendo que como o protagonista é un neno e tal pois igual é máis doado pasala por infantil, non sei (confeso que eu nunca vin moito Shin-chan, así que nin idea honestamente). Pero casos como Evangelion ou outros si que son bastante heavies, e que na web do Xabarín poñan Evangelion ó lado de Detective Conan que está ó lado de Sakura Cazadora de cartas... Si... igual tiña que ter algo de distribución por idades ou un maior aviso ou algo así, non sei.

Pero, xa digo, estou moi de acordo con que o da infantilización do anime en particular e da animación en xeral é un problema serio. Aínda fai pouco vin por aí por Twitter que unha persoa tivo que convencer á súa nai para que non puxese unha canciónd e Hazbin Hotel que lle saíu en YouTube nunha festa de aniversario de crianzas. E como esquecer o choque a nivel social de que a película esta de "Fiesta de salchichas" ou como se chamase fose unha película de carácter sexual.

Ó final, por triste que sexa para as persoas que adoramos a animación (sexa anime ou cartoon), vivimos nunha sociedade que considera que a animación é un medio inferior, porque só son debuxos. Non lembro se foi nos óscar ou onde é que fora que anunciaran o premio de animación destacando o papel da animación como algo infantil, e non é casualidade que teñamos tantos remakes e adaptacións a live-action de películas de Disney ou series de animación de éxito como Avatar The Last Airbender (e mesmo series manga-anime como Death Note ou One Piece), pero que non teñamos ningún exemplo do contrario, dunha película ou serie live-action adaptada a animación.

Non sei, é unha liada todo, pero bueno, aquí seguimos. Sexa como sexa, bo vídeo! Ser é un tema de reflexión ben interesante, e era bo saber que opina o resto da xente do panorama galego.

lexuam_zaled