Inocente Parte 2

preview_player
Показать описание
Parte 2 do relato "Inocente"
As dúbidas consumíana día e noite mentres o seu estado de “boa esperanza”- que irónico! - avanzaba irremediablemente cara ao desenlace.
Cando apenas faltaban dúas semanas para a data prevista do parto soñou co seu fillo. Era a primeira vez, polo menos a primeira vez que o recordaba.
As imaxes impactantes incrustáranse na súa meniña e non era quen de borralas. Ela estaba feliz observándoo mentres o alimentaba, era un bebé tan fermoso! Como puidera ter dúbidas? Había algo máis marabilloso que telo alí nos seus brazos?
Mais de súpeto notou unha presión moi forte na man. Era o neno, a súa forza non se correspondía co seu diminuto tamaño, que estaba sucedendo?
Ficou arrepiada. Os seus braciños convertéranse en horrendas gadoupas que a apretaban sen piedade e o seu rostro…, o seu rostro era o rostro del, o mesmo rostro do horrible home que a forzara, os mesmos ollos escuros e fríos. Un calafrío percorreulle o corpo e un berro longo afogou na súa gorxa facéndoa espertar bañada nunha suor pegañenta e nun estado de alteración que non lle permitiu volver durmir aquela noite.
Din que cando se aproxima a data prevista moitas futuras mamás teñen pesadelos co parto. O que lle pasara viña sendo algo semellante, só que a ela dáballe máis medo que se parecese a el que ningunha outra cousa.
Рекомендации по теме
Комментарии
Автор

Triste muy triste, pero precioso, lindamente recitado con esa bonita voz.. mi felicitación

marinafilgueira